Contido coa etiqueta .
Maltrato Animal

Condenado a un ano e oito meses de prisión por afogar a cadela da súa exparella
15/01/2025 09:56
A intención do home era predeterminada e "co fin de minguar a integridade e a vida" do animal
Aplícaselle a agravante de intentar "coaccionar, intimidar, acosar ou producir danos psíquicos" á muller, polo que terá que indemnizala con 5.000 euros

O polbo é o novo obxectivo das asociacións animalistas
21/11/2024 16:03
Propoñen que se prohíba a súa captura e venda

Buscan o responsable de furar a balotes un gato en Cambados
31/10/2024 14:36
O animal estaba dentro dun saco con dez disparos, seis na cabeza
Buscan o responsable, que segundo parece, acurralou o gato para que dispararlle

Aparecen dous cans supostamente abandonados na horta dunha casa en Lugo
29/10/2024 14:10
O máis novo dos animais estaba amarrado cunha corda a un couceiro
Tras seren trasladados ao albergue da protectora, o seu dono recuperounos
Aduciu que levaba pouco con eles, sen tempo a poñerlles o chip, e que escaparan

Cautela dos donos de mascotas ante a alerta por cebos envelenados en Pontevedra
23/10/2024 13:57
Din que nos últimos meses morreron catro cans envelenados na rúa
Nin na Policía Nacional nin na Local hai presentada ningunha denuncia

Investigan un home de 66 anos polo atropelo supostamente intencionado dun can en Sarria
21/10/2024 16:06
O condutor cometeu un suposto delito de maltrato animal ao atropelalo e marchar do lugar
O can foi arrastrado varios metros polo vehículo e sufriu fracturas e contusións

Investigan un caso de maltrato animal en Lugo
18/10/2024 14:13
Dous cans mortos e outros catro feridos e desnutridos
A Policía Nacional investiga o caso e busca o dono dos animais

A Policía de Vigo pide axuda para localizar a quen abandonou dous cachorros feridos
11/10/2024 16:11
Trátase de dous pitbulls duns catro meses que presentaban graves feridas na cabeza e que apareceron na zona de Cabral
A femia non puido superar as feridas e faleceu, mentres que o macho segue recuperándose

07/10/2024 12:58
O animal presentaba a ausencia do extremo distal da perna traseira dereita e que o propietario non prestara a adecuada atención veterinaria despois de que o animal sufrira unha fractura

Denuncian un veciño de Marín por ter tres cans en "condicións deplorables"
02/10/2024 15:46
Os tres animais estaban encadeados sen mobilidade e non tiñan chip
Un deles mesmo presenta unha cor azul provocada por un spray para as moscas

Denuncian falta de medios e de conciencia, tras recoller dous cans abandonados
13/09/2024 09:07
Os cans estaban na estrada que vai do Irixo ao Carballiño, desnutridos e con sarna
Os dous animais recupéranse na canceira da Medela do Carballiño, coa confianza de que aparezan os donos

Investigan unha muller pola morte do seu can tras anos de abandono en Oleiros
03/08/2024 11:01
Enfróntase a un posible delito de neglixencia no coidado do animal que estaba atado nunha leira en condicións pésimas

Investigados dous homes por abandonar seis cabalos que acabaron esfameados
06/07/2024 12:02
A Garda Civil localizou en Melide varios animais en estado avanzado de descomposición e outros con desnutrición severa

Desmantelan un grupo dedicado á venda ilegal de cachorros por toda España
06/07/2024 10:48
Axentes da Garda Civil detiveron dúas persoas en Cantabria e investigan unha terceira, na operación Pupicas
Serían supostos autores de delitos continuados de malos tratos animais, intrusismo profesional, falsidade documental, branqueo de capitais e grupo criminal

Recupera a súa casa en Oza-Cesuras que os inquilinos usaran como criadeiro ilegal de cans
04/07/2024 13:57
Na vivenda había restos de animais mortos, excrementos e lixo por todas as partes
O Seprona abriu dilixencias e remitiunas ao xulgado

Acepta un ano de cadea por deixar morrer de fame cinco cans en Gondomar
20/06/2024 10:34
O home, que abandonou a granxa deixando os cans encerrados sen comida nin auga, non terá que ingresar en prisión

Atopan un cento de animais maltratados nunha casa de Valencia
08/06/2024 18:50
A maioría eran galos con feridas ocasionadas en pelexas
Na propiedade había unha máquina coa que adestraban os animais

Acepta un ano de prisión por matar a súa cadela a golpes en Baiona
08/05/2024 16:08
Tras acabar coa vida do animal lanzándoo contra o chan e dándolle unha patada, acusou a un empregado dun hotel de facelo
A execución da pena queda suspendida por tres anos, polo que non entrará no cárcere mentres non volva delinquir

Atopan en Santiago un can morto e outro en estado crítico, engaiolados, sen comida nin auga
07/05/2024 13:36
O can que logrou sobrevivir recupérase no refuxio de animais
A policía autonómica detivo unha persoa como presunta autora de maltrato animal

Investigan un veciño de Tui que abandonou cachorros nunha estrada
14/03/2024 12:30
Tiña varios animais na casa en malas condicións

34 investigados e 111 animais rescatados nunha operación contra o maltrato animal en Málaga
25/02/2024 18:44
A Garda Civil investiga 34 persoas polos delitos de maltrato e abandono de animais domésticos

Rescata un can ferido dun colector do lixo en Vigo ao que o botaron para non pagar a operación
20/02/2024 14:03
O can estaba metido en dúas bolsas e cuberto con trapos
A policía localizou o propietario do can, que foi ferido por outro can dese mesmo home

Alerta entre os donos de cans en Vigo ante a aparición de cebos con alfinetes no Castro
14/12/2023 21:06
Os veterinarios animan a denunciar achados coma este para dar cos desaprensivos delincuentes

Aumenta o número de cans abandonados en Carballo
30/11/2023 14:19
"Non hai adopcións. Moi pouquiñas. Se son cachorros aínda vai saíndo algún, pero adultos non sae ningún", aseguran desde a protectora Amigos dos Cans de Carballo

Investigan unha veciña de Pontevedra acusada de deixar morrer de inanición cinco gatos e un can
21/11/2023 15:25
A muller ten antecedentes por feitos similares e o ocorrido descubriuse tras executarse unha orde de desafiuzamento

Un veciño de Dumbría, investigado como presunto autor de maltrato animal
17/11/2023 13:19
A vítima foi un burro, que faleceu horas despois de ser atopado

Condenado a un ano de prisión por poñer cebos con alfinetes nas rúas de Ourense
16/10/2023 14:13
O acusado recoñeceu no xuízo ser o autor dos feitos e foi condenado por un delito continuado de maltrato animal polo que abonará unha multa de 4.600
A pena de cárcere queda en suspenso durante dous anos a condición de que non volva delinquir

Disparan perdigóns desde un coche contra unha cadela ás portas da casa en Santa Comba
05/09/2023 14:05
Un coche parou de madrugada, chamou pola cadela e disparoulle a curta distancia
A Garda Civil recibiu denuncia polo sucedido e investiga os feitos

Axentes do Seprona localizan máis animais mortos nun presunto criadeiro ilegal en Oza-Cesuras
31/08/2023 14:09
Apareceron os corpos de gatos e cans, algúns aínda cachorros, en estado de descomposición
Os axentes do Seprona procederon ao rexistro das instalacións baixo autorización xudicial

O Seprona investiga un posible delito de abandono e maltrato animal en Oza-Cesuras
28/08/2023 14:04
Localizaron restos de dous cans e outro con síntomas de desnutrición nunha vivenda do lugar do Vilar
Trataríase dun suposto criadeiro de cans da raza border collie, e xa ten denuncias previas

Aparecen gatos e cans mortos pola inxestión de veleno nun barrio da Coruña
19/07/2023 14:16
Andan á procura do responsable ou responsables

Investigan a morte dun can que apareceu aboiando no mar cunha pedra atada ao pescozo
07/07/2023 14:21
Comprobaron que tiña chip e localizaron os donos, que días antes notificaran a desaparición do animal

Entra a unha protectora de Vigo para roubar un can por encargo e leva o que non é
19/06/2023 13:27
Entregóullelo aos que pensaba eran os seus donos, os cales rexeitaron ao can ao comprobar que non era o seu

Condenada por maltrato animal a muller que vivía con 17 cans na Graña
12/06/2023 08:37
O xuíz considéraa autora de 16 delitos consumados continuados de maltrato animal doméstico

A Policía Local de Monforte rescata un galo que botaron vivo a un colector do lixo
23/05/2023 13:40
Os axentes buscan agora o responsable dun posible delito de maltrato animal

Investigan o maltrato dunha vaca abandonada nunha carballeira de Campo Lameiro
12/05/2023 14:26
Un veterinario sacrificouna para acurtar a súa agonía porque estaba en moi mal estado
Suponse que tiña unha cría e que a ataron a unha árbore para roubarlla máis facilmente

Investigada unha cidadá alemá por maltratar preto de cen cans no Saviñao
08/05/2023 19:02
Algúns dos animais, que supostamente foron traídos doutros países europeos, presentaban xa problemas de mobilidade, amais de feridas e úlceras
O xulgado de Monforte abríu xa as primeiras dilixencias

Deteñen un veciño de Oia por encerrar sen comida cinco cans que se mataron entre eles
05/05/2023 10:36
Segundo puideron constatar os axentes do Seprona, os animais pelexaron entre eles e os superviventes alimentáronse dos restos dos outros ata que finalmente tamén morreron de fame

Tres cans agresivos matan unha cadela yorkshire no Grove
04/05/2023 14:13
Os mesmos cans xa mataron e feriron varios animas nos últimos meses
Os animais conviven cos seus tres propietarios en condicións insalubres

Unha muller denuncia que lle mataron os gatos a tiros na porta da casa
10/03/2023 14:10
Sospeita dalgún dos seus veciños aos que denunciou en varias ocasións
A denunciante, veciña de Cerdedo-Cotobade, asegura ter medo polas súas netas